Image Image Image Image Image

TwitterFacebookLinkedin

Scroll to Top

To Top

» Irmandiños (documental)

Irmandiños (documental)

On 24, Sep 2014 | No Comments | In | By Héctor Carré

Irmandiños (documental)

Irmandiños é unha curtametraxe documental de 8 minutos sobre as revoltas irmandiñas feito coa supervisión histórica do meu amigo Marcelino Abuín. Un traballo de recreación e imaxinación histórica moi divertido de facer, aínda que as estreiteces económicas propias do proxecto non permitían alegrías orzamentarias.

Sala audiovisuais Moeche

Eu quedei contento co resultado. O documental pode verse no interior do castelo, nesta sala:

 


Tamén podedes velo aquí:

 

Como aínda hoxe en día se celebra e podedes ver nesta foto, O Castelo de Moeche sofríu  a turrada da furia Irmandiña.Asalto nocturno

O vello castelo medieval composto por torre, cerca e foxo é atacado polo exército levantado contra a nobreza. Dende todos os lugares acode xente armada que destrúe as súas paredes, fai caer a súa torre e  derríbano ata os seus cimentos.

Do símbolo medieval apenas queda nada, tan só a pegada do que foi. Unha morea de escombro ocultou unha pegada redescuberta agora na reconstrución da fortaleza. Os arqueólogos puxeron ao descuberto a base do vello castelo, agora visible no chan, marcado con pedra diferente. Fixándonos ben no chan, apréciase a pegada da torre e o arranque dos muros que configuraron o castelo ata o asalto Irmandiño.

Desde as almeas MoecheA finais do século XV, o orixinal Castelo de Moeche foi destruído e sobre el construída a fortaleza que agora vemos. O poder dos nobres  reconstrúese coa reedificación da fortaleza e aquí quedan para sempre marcados dous momentos do noso pasado: o medieval, representado pola pegada que vemos no chan, e a época moderna que, na década de 1470, refai o poder nobiliario no val do río Xuvia.

En Castellano:

cartel asalto irmandiño

El castillo de Moeche sufre la embestida de la furia Irmandiña. El viejo castillo medieval compuesto por torre, cerca y foso es atacado por el ejército levantado contra la nobleza. Desde todos los lugares acude gente armada que destruye sus paredes, hace caer su torre y lo derriban hasta sus cimientos.

O castelo de día

Del símbolo medieval apenas queda nada, tan solo la huella de lo que fue. Un montón de escombro ocultó una huella redescubierta ahora en la reconstrucción de la fortaleza. Los arqueólogos pusieron al descubierto la base del viejo castillo, ahora visible en el suelo, marcado con piedra diferente. Fijándonos bien en el suelo, se aprecia la huella de la torre y el arranque de los muros que configuraron el castillo hasta el asalto Irmandiño.

 

A finales del siglo XV, el original castillo de Moeche fue destruido y sobre él construida la fortaleza que ahora vemos. El poder de los nobles se reconstruye con la reedificación de la fortaleza y aquí quedan para siempre marcados dos momentos de nuestro pasado: el medieval, representado por la huella que vemos en el suelo, y la época moderna que, en la década de 1470, rehace el poder nobiliar en el valle del río Xuvia.

Interior MoecheEl castillo está bien conservado, se puede pasear por las almenas y por sus pasadizos. Yo creo que  la visita vale la pena.AlmeasPasadizos Moeche

Submit a Comment