Image Image Image Image Image

TwitterFacebookLinkedin

Scroll to Top

To Top

» Hai que matalos a todos (Novela galego)

Hai que matalos a todos (Novela galego)Hai que matalos a todos (Novela galego)Hai que matalos a todos (Novela galego)

On 24, Feb 2015 | No Comments | In | By Héctor Carré

Hai que matalos a todos (Novela galego)

Hai quen intenta sacar a luz o que os poderosos queren ocultar.

 

Chegan as primeiras críticas (e son boas):

 

«Mantén o libro nas mans sen querer deixalo»

http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2015/05/hai-que-matalos-todos.html

«Unha novela para o gran público. Dicir literatura popular non é dicir literatura mala. Gozamos lendo esta novela»

http://blog.xerais.gal/2015/entretemento-e-testemuna-hai-que-matalos-a-todos-de-hector-carre-critica-de-manuel-rodriguez-alonso/

Xa está nas librarías a miña terceira novela. Tamen se pode comprar aquí:

http://www.xerais.gal/libro.php?id=3927982

Xesús Fraga tamén fala da novela nas páxinas da Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/literatura/2015/05/07/carre-une-novela-negra-xornalismo-hai-matalos-/0003_201505H7P33996.htm

Aquí podedes ver un booktrailer:

Xa chegaron os primeiros exemplares. Como curiosidade empezarei por contar que a ilustración da portada é obra do autor, un detalle que non se indica no libro, a excepción da pequena firma cuadrada na dereita da ilustración.libros matalos comp

 

Cando comecei pensar nesta historia dubidaba sobre a maneira de contala. Pensaba que unha narración “omniscente” en terceira persoa podería adaptarse as necesidades da acción. Habendo varias tramas, parecíame que non tiña outra posibilidade, máis o corpo pedíame a gritos unha narración en primeira persoa.

Neste escenario real acontece o atropelo mortal co que comeza a historia.

Neste escenario real acontece o atropelo mortal co que comeza a historia.

Finalmente pensei que se facía que un dos personaxes, o xornalista, contase a historia, podería matar dous paxaros dun tiro. El contaría a súa propia experiencia en pasado e en primeira persoa, e ao mesmo tempo, contaría as historias dos outros protagonistas en terceira persoa, cunha narración de estilo xornalístico ou mesmo cinematográfico, en presente de indicativo, cun estilo semellante ao dos guións de cine.

Nesta rúa do barrio de Hortaleza de Madrid viven algúns dos protagonistas.

Nesta rúa do barrio de Hortaleza de Madrid viven algúns dos protagonistas.

Máis a solución do xornalista contando a historia propuña outra idea que me atraía moito: A posibilidade de contar un mesmo acontecemento desde varios puntos de vista. Supoño que é algo moi galego mirar a vida desde o punto de vista dos demais… Así que a trama múltiple resolta cunha multiplicidade narrativa permitíame enfrontar un problema técnico ao que lle tiña moitas ganas, a necesidade de contar unha situación desde diferentes puntos de vista. O perigo nestes casos está en caer na repetición e o aburrimento, algo completamente incompatible cunha novela de vocación negra, unha novela de suspense e acción. Creo que a solución a este problema é obvia, cada vez que cambiamos o punto de vista, temos que descubrir novos datos que expliquen o acontecido anteriormente e fagan avanzar a historia. Ao final nesta novela non son moitas as situacións nas que se conta un mesmo acontecemento desde diferentes puntos de vista, máis creo que todos os casos, a narración avanza sen repetirse.

Nesta calella aparece morto un personaxe.

Nesta calella aparece morto un personaxe.

Sempre pensei que a novela negra cobra o seu verdadeiro sentido cando inclúe un compoñente de denuncia na súa trama. Hammet e Chandler, os meus primeiros referentes do xénero, retrataban uns baixos fondos onde os poderosos compartían protagonismo cos ladróns de pouca monta. Nesta historia, o tema a tratar era a impunidade dos poderosos cando poden exercer o seu poder sen transparencia, abusando da súa forza. Por desgraza,  os cidadáns particulares están en desvantaxe cando intentan enfrontalos. Máis aínda así, a resistencia heroica dos particular contra os abusos pode conseguir froitos, aínda que moitas veces, esa resistencia converta aos heroes en mártires.

Un car boot market. O lugar onde van secuestrar a un protagonista. Aquí o detective é o autor.

Un car boot market en Edinburgo. O lugar onde van secuestrar a un protagonista.

Marlowe era un detective privado, máis non é o mesmo un detective que intenta descubrir a verdade que un xornalista que intenta descubrir a verdade?

En realidade, Marlowe, máis que personaxe, é narrador. Pouco sabemos del, ademais do que vai descubrindo sobre cada caso, das malleiras que leva, das copas que bebe ou do que opina sobre os seus clientes. Eu quería converter ao narrador en personaxe, por iso o involucrei na acción, facéndoo xornalista. Néstor é un xornalista novo e algo desconcertado. Durante a historia vai comprendendo o seu destino e a súa natureza que,  xuntas,  lévano a denunciar a verdade polo compromiso que ten coa sociedade o coa súa profesión, asumindo o risco de perdelo todo.

O monumento a Walter Scott. Considerado o primeiro autor de best sellers... quen nos dira.

O monumento a Walter Scott, onde un personaxe escapa de quen o persegue. Considerado o primeiro autor de best sellers… quen nos dira.

A primeira presentación da novela tivo lugar na FNAC da Coruña, coa presenza de moitos amigos e a actuación de tres grandes actores, Luisa Merelas, Cesar cambeiro e Daniel Currás.

Dani Currás  marchara cando acordei de facer o selfie de rigor.

Dani Currás xa marchara cando acordei de facer o selfie de rigor.

 

En Hai que matalos a todos  intentei adoptar un estilo semellante ao dalgunhas novelas de espías, ou mesmo de thrillers de cine, onde a acción cambia duns lugares a outros, lugares que son as veces moi afastados, engadindo a historia suspense e acción polo o efecto de traslación espacial e temporal. Máis a intención de mover a acción polo mundo tamén permite retratar os lugares máis coñecidos. Por iso a historia transcorre na Coruña,   en Madrid, en Buenos Aires  e en Edinburgo. Elixín eses lugares porque estivera neles vivindo, en algúns anos, en outros meses ou semanas, máis de todos  tiña unha impresión persoal para describilos. Tamén incluín Rianxo e Casablanca. A vila galega coñezoa por curtas visitas turísticas, mentres que Casablanca non formou parte do meu itinerario cando viaxei a Marrocos, aínda así a incluín por conveñenza narrativa  e actulicei os meus recordos do país coa axuda de Google earth.

Nesta praia da Coruña unha das protagonistas pensa en cambiar  asúa vida.

Nesta praia da Coruña unha das protagonistas pensa en cambiar asúa vida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Submit a Comment

Menú principal