» O inmortal (Relato en galego)
On 05, Nov 2014 | No Comments | In Relatos | By Héctor Carré
O inmortal (Relato en galego)
O inmortal
Alegreime de baixar do taxi. Durante a viaxe tiña unha desagradable sensación de estar parado. A cidade que coñecía desde neno parecía esvarar polos cristais cheos de nicotina, repentinamente convertida nun conxunto de formas esfuminadas, nun reflexo irreal, nunha colección de recordos escuros que o tempo borraría. O condutor fumaba un cigarro de tabaco negro como se fosen outros tempos, como se fumar dentro do taxi sen preguntarlle ao cliente non fose unha temeridade.
A min non me importou que fumara, cada un espera a morte como mellor lle parece, o que me molestaba era o que dicía. Era un home canso do seu traballo, un home que perdera a confianza. Non cría nas persoas e todo lle parecía corrompido. Estaba cheo de envexa. Despois dun disco de Raphael puxo outro de Miguel Bosé. Xa digo, cada un espera a morte como mellor lle parece, pero tampouco está de máis un pouco de consideración cos demais. Non lle gustaba o goberno, dicía que todos eran iguais. Falaba mal do presidente sen preguntar a quen votara eu. Era un imbécil.
Se queres seguir a ler podes descargar o resto do relato aquí:
Submit a Comment