» Dame Algo
On 24, Sep 2014 | No Comments | In Películas | By Héctor Carré
Dame Algo
Esta foi a miña segunda película na que pretendía votar unha mirada irreverente sobre o showbizz, e quizais facer un paralelismo entre a vida do protagonista e dos aspirantes a artistas, sempre envoltos na imposible tarefa de destacar entre os demais.
Título original: Dame algo
Año: 1996
Duración: 91 min.
País: España
Director: Héctor Carré
Guión: Héctor Carré
Música: Rosendo Mercado
Fotografía: Juan Carlos Gómez
Reparto:
Nancho Novo, Chete Lera, Rosa Morales, Nathalie Seseña, Evaristo Calvo, Andrés Lima, César Sánchez, Sonia Jávaga, Dorotea Bárcena, Roberto Cairo, Paco Catalá, Xulio Lago
Productoras: Sun Lúa & Benjamín P.C.
Género: Comedia | Comedia negra
Juan Carlos Gómez fixo un traballo excelente na iluminación ademais de cargar durante horas cunha arri BL 4 que pesaba 30 kilos, porque o oitenta por cen da película está rodado camara a man. Case o deixo impedido das costas. Meu pobre.
A montaxe con Nacho Ruíz-Capillas foi divertido coma sempre e a verdade quedei contento co resultado.
Rosendo Mercado, que sempre fora un dos meus idolos desde a época de Leño, accedeu a facer a banda sonora. Foi unha experiencia inolvidable e moi gratificante traballar con él. Aínda hoxe me escribe xente que é fan da película, e en moitos casos, pola música de rosendo. A banda sonora non sei se aínda se pode conseguir por aí…
Que dicir dos actores? Despois de ensaiar moito só con eles, no decorado traballábamos rápido e creo que con bos resultados.
Aquí podedes ver alguns exemplos:
Aquí poderedes ver unha escena entre Nancho Novo e Chete Lera, a primeira vez que traballaban xuntos nunha película.
Submit a Comment