» Diario do impostor (Novela galego)
On 24, Sep 2014 | No Comments | In Novela | By Héctor Carré
Diario do impostor (Novela galego)
De que vai esta historia.
Cando alguén che pregunta en que traballas espera unha resposta razoable, ou por mellor dicir, previsible. Espera escoitar algo como son funcionario do concello, son avogado, traballo para unha compañía de seguros, dou clase na universidade, estou de becario nunha axencia, etc. Calquera resposta serve. Non digo que a xente sexa maniática nin quero denunciar unha persecución social en contra dos membros do noso gremio, máis cando escoitan como resposta que dirixes películas –e eles non pertencen ó mundo da farándula– normalmente quedan desconcertados.
A miúdo o desconcerto vai seguido de receo diante dunha situación embarazosa. As veces porque o interlocutor pensa, erradamente, que un vive nun mundo de luxo regalado, outras porque acorda algunha inquietude artística persoal afastada polo paso dos anos ou, simplemente, porque cre estar diante dun mentireiro. Ademais, como as ideas do público sobre a fabricación de películas están tan influenciadas pola mercadotecnia, case sempre hai que pasar a noite desmentindo todo o que o interlocutor pensa, provocándolle un desacougo do que nos fan responsable, probablemente con razón, porque tamén podería un calar e deixar á xente pensar o que lles pete. Pero teño que confesar que eu son un pouco parvo e sempre intento dicir a verdade.
Quizais sexa unha esaxeración, pero eu sentinme incómodo moitas veces ao dicir que dirixía películas ou mesmo que traballaba no cine, por iso comecei a contestar que era programador de ordenadores, en vez de dicir a verdade. Esa resposta, resultou eficaz na maioría dos casos, eximíndome de contradicir as ideas das boas xentes e de provocar liortas que nunca procurei, aínda que en algunha ocasión, que agora non ven ao caso precisar, chegou a producirme complicacións relacionadas co feito de ter mentido.
Foi así como por primeira vez pensei no que podería ocorrer no caso contrario. Qué pasaría se un programador de ordenadores di que é director de cine?
De seguida comprendín que me atopaba diante dunha historia interesante. O diario do impostor permitiríame contar ao público, de unha vez por todas, a verdade de como se fai unha película, un proceso moi afastado da imaxe glamurosa que ofrecen os medios de comunicación. Esa posibilidade de achegarme á realidade do cine desde o punto de vista dun neófito, vendo o proceso cos ollos dun espectador normal, era unha oportunidade que non podía desaproveitar, unha ocasión para descubrir os segredos que se agochan detrás da fabricación dunha película e, se se me permite dicilo, unha forma de resolver futuros encontros cunha recomendación editorial que puidese reportar grandes beneficios intelectuais ao meu interlocutor, e unha vida regalada para min, a consecuencia das vendas da obra.
Como a historia inclúe unha suplantación, achegábame de forma natural á comedia, un vehículo moi apropiado para quitarlle transcendencia ao noso mundo irreal, no seu empeño de facer realidade os soños. Curiosamente, durante o proceso de escritura dinme conta de que o protagonista, moi lonxe de ser un suxeito improbable, converteuse nunha metáfora do artista verdadeiro, que sempre busca a cegas nun territorio incerto, perigoso e cheo de trampas.
Pouco a pouco funme decatando de que toda a historia xira en torno a reflexións sobre a autenticidade e o valor da obra de arte que, pola súa natureza subxectiva, é, moitas veces, froito da arbitrariedade, a sorte, a moda, a capacidade de adaptación, ou a habilidade do autor para finxir e representar dignamente o personaxe de artista, aínda que interiormente saiba que só é un impostor.
Sinopse
Onofre García é un desos tipos que, pese a ter vivido máis de trinta primaveiras, pretende estirar indefinidamente a súa post-adolescencia. Traballa nunha empresa de informática e carece de problemas graves. Porem soña cunha vida diferente. Pensa no divertidas as existencias dos deportistas de elite e dos artistas. Como a maioría da xente imaxina esas vidas como unha sucesión de diversions e momentos de gloria.
Un día, de forma casual e só para darse importancia diante dunha rapaza moi atractiva, afirma ser director de cine e o que debería debería permanecer como unha inocente trastada sen sen trascendencia, transformase no incidente provocador dun cambio trascendental na súa vida, porque María Leman, a moza diante da que Onofre alardea de ser cineasta, resulta ser a filla dun importante financiero multimillonario, que acaba de comprar una productora de cine.
A partir dese momento Onofre vese inmerso nun vórtice de acontecementos ao ser contratado para dirixir unha lomgametraxe producida pola empresa de María. Para conseguilo vese na obriga de aprender, a golpes, e sen descubrir a sua ignorancia, desorientación e agonía, a produtores executivos, guionistas, axudantes de dirección, directores de fotografía, actores, montadores, músicos, etc
Aínda que a primeira vista o empeño de Onofre poda parecer imposible para quen descoñece o mundo do cine, non se trata de una historia completamente infundada. Un director co que traballei, sempre dicía que para conseguir chegar a ser director de cine bastaba con convencer da túa valía a unha soa persoa, o produtor.
A novela pódese mercar neste enderezo:
http://www.xerais.es/libro.php?id=1329923
Submit a Comment