Fotografía
O taller dun artista
On 16, Dic 2014 | No Comments | In Fotografía, Sin categoría | By Héctor Carré
Tiven a sorte de visitar o taller de Victor López-Rúa, que ademais de veciño é un magnífico pintor.
Agora prepara unha exposión que abrirá en Santiago de Compostela en febreiro.
Non podo facer máis que recomendar a exposición porque a súa obra encántanme. Aquí o podedes ver con algúns dos seus cuadros en pequeno formato.
Se vos gustan David Hockney ou Lucien Freud, seguro que vos gusta Víctor.
Esta é unha das súas obras en proceso de creación.
Aquí está Víctor en medio de dous dos seus cuadros de gran formato. Estes son os que máis me gustan.
Agora está a facer un traballo estereoscópico. Poñendo unhas lentes vese en tres dimensións como as películas, máis os cuadros están pintados a man, como o resto da obra…
Xa sei que non está de moda a pintura figurativa e mesmo parece de mal gusto nos ambientes sofisticados, mais eu penso que este home merece ocupar un lugar destacado entre os pintores galegos (ou non galegos).
Submit a Comment